Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 24 de xaneiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

LUNS 24 XANEIRO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 24 de xaneiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 144 casos activos, oito menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 44 casos activos, dous menos que fai 24 horas. O Pino ten 142 casos, seis máis que onte. Pola súa parte Touro ten 75 casos activos, catro máis que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 16 positivos, cinco menos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 36 afectados, un menos que fai 24 horas. Lalín conta con 687 afectados, 17 menos que na xornada de onte. Rodeiro ten 38 casos activos, dous máis que fai 24 horas. Silleda conta con 208 casos activos, dous menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 104 casos activos, dous menos que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 211 casos activos, seis máis que na xornada de onte. Santiso ten 29 casos activos, un máis que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 51 afectados, os mesmos que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 33 casos activos, un menos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 22 casos activos, un máis que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 96 casos, os mesmos que fai 24 horas e Palas de Rei con 59 casos activos, tres máis que na xornada de onte.


1283 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE