top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 24 de outubro

Contamos nas Comarcas con catro concellos libres de afectados, é o caso de Boimorto, Monterroso, Sobrado dos Monxes e Rodeiro


IsmaelRS/Xeral

LUNS 24 OUTUBRO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 24 de setembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con catro concellos libres de afectados, é o caso de Boimorto, Monterroso, Sobrado dos Monxes e Rodeiro.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, só contamos cun único concello libre de casos, é o caso de Boimorto. Pola súa parte Arzúa, O Pino e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.


Na comarca dezá, só contamos cun único concello libre de casos, é o caso de Rodeiro. Pola súa parte Agolada, Dozón, Lalín, Silleda e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.


Na comarca Terra de Melide, só contamos cun único concello libre de casos, é o caso de Sobrado dos Monxes. Pola súa parte Melide, Santiso e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.


Por último, na comarca da Ulloa, só contamos cun único concello libre de casos, é o caso de Monterroso. Pola súa parte Antas de Ulla e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page