Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

  • IsmaelRS

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 21 de xuño

Hai 10 de municipios libres de coronavirus e todos os municipios se atopan no nivel mínimo limitacións.


IsmaelRS/Xeral

LUNS, 21 XUÑO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 21 de xuño, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son 10 os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón, Silleda, Rodeiro, Vila de Cruces, Santiso, Antas de Ulla, Boimorto, O Pino e Touro. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días e todos atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Boimorto, O Pino e Touro está libre de coronavirus. Mentres que Arzúa se atopa nunha taxa entre 1-9 afectados. Todos están no nivel máis baixo de restrincións.


Na comarca dezana en case todos os concellos este virus tampouco asoma: Agolada, Dozón, Silleda, Rodeiro e Vila de Cruces non teñen ningún caso dende hai días. Só Lalín ten algún contaxio, pero a situación é boa. Segundo a incidencia acumulada a 14 días, como indica o Sergas, ten entre 1 e 9 afectados. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.