Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
LUNS 21 MARZO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 19 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento (DATOS ACTUALIZADOS A 7 DÍAS). Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 29 casos activos, seis máis que fai 48 horas. Boimorto sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. O Pino ten 29 casos, un máis que antonte. Pola súa parte Touro ten 14 casos activos, catro máis que fai 48 horas.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón, Rodeiro sitúanse dende fai varias semanas nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 110 afectados, dez máis que na xornada de antonte. Silleda conta con 48 casos activos, dous menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 16 casos activos, os mesmos que fai 48 horas.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 23 casos activos, dous máis que na xornada de antonte. Santiso e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, mentres que Sobrado dos Monxes conta con 13 casoa ctivos, dous máis que fai 48 horas.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos. Pola súa parte Antas de Ulla sitúase con 10 casos activos, un menos que antonte.

Comments