Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 21 de febreiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

LUNS 21 FEBREIRO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 21 de febreiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 56 casos activos, dous máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 19 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. O Pino ten 55 casos, seis menos que onte. Pola súa parte Touro ten 36 casos activos, dous menos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón, Rodeiro sitúanse dende fai varios días nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 276 afectados, 21 menos que na xornada de onte. Silleda conta con 117 casos activos, nove menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 74 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 122 casos activos, dous menos que na xornada de onte. Santiso ten 17 casos activos, dous menos que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 25 afectados, catro menos que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 16 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 28 casos activos, un menos que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 42 casos, cinco menos que fai 24 horas e Palas de Rei con 27 casos activos, tres menos que na xornada de onte.


557 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE