Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 20 de xuño

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

LUNS 20 XUÑO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 20 de xuño, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Boimorto sitúase entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Arzúa conta con 17 afectados, os mesmos que fai 48 horas. O Pino sitúase con 11 afectados, un menos que antonte. Pola súa parte Touro conta con 12 afectados, un menos que fai 48 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Agolada sitúase con 11 afectados, un menos que antonte. Lalín conta con 49 afectados, seis máis que fai 48 horas. Silleda conta con 18 afectados, tres máis que antonte. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 11 afectados, un máis que fai 48 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Melide conta con 33 afectados, un máis que fai 48 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla conta con 14 afectados, un menos que antonte. Monterroso sitúase con 12 afectados, os mesmos que fai 48 horas. Pola súa parte Palas de Rei sitúanse con 11 casos activos, un máis que antonte.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

280 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE