Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 19 de xullo

Son dous os municipios libres de coronavirus, os mesmos que fai 24 horas, a situación e máis preocupante en Arzúa, Lalín, Melide, O Pino e Silleda


IsmaelRS/Xeral

LUNS, 19 XULLO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 19 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son dous os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Dozón e Santiso. Os 17 municipios atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, dende onte Boimorto deixa de ser o único municipio de esta comarca que se encontraba libre de coronavirus, pasando a situarse nunha taxa entre 1-9 casos. Mentres que Arzúa sitúase con 21 casos, tres máis que fai 24 horas, O Pino ten en 12 afectados, dous máis que fai 24 horas e Touro atópanse nunha taxa entre 1 e 9 afectados dende fai varios días.


Na comarca dezana hai un único municipio libre de Covid: Dozón que non ten ningún caso dende hai días. Agolada, segundo a información do Sergas, está nunha taxa entre 1 e 9 contaxios, pero segundo informan dende o concello son 3 os casos activos. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 28 afectados, dous máis que onte. E Silleda ten 33 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días como apunta o Sergas, cinco máis que fai 24 horas.


A comarca Terra de Melide están libres de Covid un único muncipio: Santiso. Sobrado dos Monxe dende onte volve ter casos activos e sitúase nunha taxa entre 1 e 9, e o Sergas indica que Melide ten 38 afectados, tres máis que fai 24 horas, pola súa parte Toques se atopan nunha taxa entre 1-9 afectados.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Monterroso, Antas de Ulla e Palas de Rei, segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Agolada, Arzúa, Lalín, Melide, O Pino e Silleda son os casos activos.


Limitacións por municipios

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, acordou:

  • Nivel alto de restricións para os concellos de Ourense, Barbadás, A Illa de Arousa, Cambados, Vilagarcía de Arousa, Vilanova de Arousa, O Barco de Valdeorras.

  • Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Culleredo, Porto do Son, O Carballiño, Ribadavia, Sarria, Sanxenxo, Poio, Boiro, A Pobra do Caramiñal, Marín, Pontevedra, Redondela, Vigo, Caldas de Reis e Salceda de Caselas.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.

907 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE