top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 19 de setembro

Actualizado: 21 sept 2022

Contamos nas Comarcas con nove concellos libres de afectados, é o caso de Antas de Ulla, Boimorto, Dozón, Santiso, Sobrado dos Monxes, Rodeiro, Toques, Touro e Vila de Cruces


IsmaelRS/Xeral

LUNS 19 SETEMBRO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 19 de setembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con nove concellos libres de afectados, é o caso de Antas de Ulla, Boimorto, Dozón, Santiso, Sobrado dos Monxes, Rodeiro, Toques, Touro e Vila de Cruces.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, contamos con dous concellos libres de afectados, é o caso de Boimorto e Touro. Pola súa parte Arzúa e O Pino sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Na comarca dezá, contamos con tres concellos libres de afectados, é o caso de Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces. Agolada, Lalín e Silleda sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Na comarca Terra de Melide, contamos con tres concellos libres de afectados, é o caso de Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques. Pola súa parte Melide sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.


Por último, na comarca da Ulloa, contamos con un só concello libre de afectados, é o caso de Antas de Ulla. Pola súa parte Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

0 comentarios

ความคิดเห็น


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page