Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 18 de abril

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

LUNS 18 ABRIL

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 18 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa conta con 24 casos activos, un máis que fai cinco días. Boimorto sitúase con 28 casos activos, sete máis que fai 5 días. O Pino sitúase con 13 casos activos, tres menos que fai 5 días. Pola súa parte Touro conta con 10 casos activos, tres menos que fai cinco días.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 37 afectados, un menos que fai cinco días. Silleda conta con 23 casos activos, os mesmos que fai 5 días. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 12 casos activos, tres un máis que fai cinco días.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 43 casos activos, 18 máis que fai cinco días. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Monterroso conta con 10 casos, 19 menos que fai 5 días. Palas de Rei conta con 30 casos activos, 15 máis que fai cinco días. Pola súa parte Antas de Ulla sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.


747 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE