top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 17 de xaneiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

LUNS 17 XANEIRO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 17 de xaneiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 116 casos activos, cinco máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 41 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. O Pino ten 118 casos, seis máis que onte. Pola súa parte Touro ten 53 casos activos, seis máis que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 33 positivos, os mesmos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 26 afectados, un máis que fai 24 horas. Lalín conta con 603 afectados, 31 máis que na xornada de onte. Rodeiro ten 42 casos activos, cinco máis que fai 24 horas. Silleda conta con 151 casos activos, os mesmos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 96 casos activos, tres máis que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 175 casos activos, seis máis que na xornada de onte. Santiso ten 11 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 35 afectados, un máis que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 27 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 21 casos activos, os mesmos que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 91 casos, dous máis que fai 24 horas e Palas de Rei con 48 casos activos, un máis que na xornada de onte.


Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page