Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 16 de maio

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

LUNS 16 MAIO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 16 de maio, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa conta con 26 casos activos, os mesmos que fai 48 horas. Boimorto sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos. O Pino sitúase con 18 casos activos, dous máis que antonte. Pola súa parte Touro sitúase entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 40 afectados, seis menos que fai 48 horas. Silleda conta con 12 casos activos, tres menos que antonte. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 10 casos activos, os mesmos que fai 48 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Santiso e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Melide sitúase con 17 casos activos, dous máis que antonte. Pola súa parte Sobrado dos Monxes conta con 11 casos activos, un menos que fai 48 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

311 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE