top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 15 de novembro

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Contamos con nove municipios libres de covid: Antas de Ulla, Boimorto, Dozón, Monterroso, Rodeiro, Sobrado dos Monxes, Toques, Touro e Vila de Cruces. Dende onte baixan desta lista os municipios de Palas de Rei e Silleda


IsmaelRS/Xeral

LUNS 15 NOVEMBRO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 15 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con nove municipios libres de covid: Antas de Ulla, Boimorto, Dozón, Monterroso, Rodeiro, Sobrado dos Monxes, Toques, Touro e Vila de Cruces.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, son dous os municipio que están libres de covid: Boimorto e Touro. Arzúa volve dende antonte a contar con casos activos de covid, e pasa a situarse entre 1 e 9 afectados. Pola súa parte O Pino sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días.


Na comarca dezá contamos con tres municipios libres de casos Covid, é o caso de Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces. Agolada conta cun caso activo, tal e como informaron o xoves pasado, dende o concello. Pola súa parte Silleda e Lalín sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados. "Seguindo a tónica xeral, o municipio de Silleda volve rexistrar casos de Covid-19. Despois de máis dun mes sen casos activos, hoxe, luns, son catro as persoas afectadas no noso municipio, unha delas ingresada. Ademais de desexarlles unha pronta recuperación apelamos á responsabilidade individual ante este repunte xeral de casos", informou este mañá o Concello de Silleda.


Na comarca Terra de Melide contamos con dous municipios libres de casos: Sobrado dos Monxes e Toques. Santiso volve dende antonte a contar con casos activos de covid, e pasa a situarse entre 1 e 9 afectados. Pola contra o municipio de Melide sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.


Por último, na comarca da Ulloa contamos con dous municipios libres de covid: Antas de Ulla e Monterroso. Pola súa parte Palas de Rei dende onte volve contar con casos, e sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados.



0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page