top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 15 de marzo

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Soben a seis, un máis ca onte, os concellos que non rexistran novos casos porque Arzúa non tivo ningún novo afectado nas últimas sete xornadas


Laura Moure

LUNS 15 MARZO

Fonte: Ecos da Comarca


Arrancamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, luns 15 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Hoxe son seis, un máis ca onte, os municipios que non rexistran novos casos: Agolada, Dozón, Rodeiro, Santiso e Antas de Ulla porque en Arzúa tampouco se contabiliza ningún novo caso. Os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Lalín e Silleda.


Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días, tal e como informa o Sergas, Boimorto, Touro e O Pino un día máis seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Sen embargo, Arzúa non contabiliza ningún novo caso nas últimas sete xornadas. Todos están no nivel mínimo de restrincións.


Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Agolada, Dozón e Rodeiro non teñen ningún novo afectado; Lalín ten 14 activos, un menos ca o día anterior, e Silleda 38, un máis co sábado, xa que hoxe de momento non trascendeu a cifra exacta. Cabe lembrar que hai uns días Silleda tiña seis casos, pero aumentaron debido a un gromo na Residencia de Maiores da localidade e Vila de Cruces continúa cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Todos estes municipios están no nivel de restrinción media, é dicir no mínimo.


Na comarca Terra de Melide, Sobrado dos Monxes, Toques e Melide seguen cun rango de entre 1 e 9 afectados mentres que Santiso continúa sen rexistrar novos casos. Aquí todos os concellos están no nivel medio de restrincións menos Sobrado que continúa no alto.

Por último, na comarca da Ulloa, un día máis en Antas de Ulla non se contabilizaron novos afectados nos sete últimos días, mentres que Monterroso e Palas de Rei sitúase nunha taxa de entre 1 e 9 casos. Todos están no nivel mínimo de limitacións.

Fonte: Ecos da Comarca

 
 

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page