Rodeiro, Dozón e Antas rexistran cero casos e no resto de municipios as cifras mantéñense ou descenden. Só en Arzúa hai un lixeiro aumento
Laura Moure
LUNS 15 FEBREIRO
Fonte: Ecos da Comarca
Comezamos a semana con novas esperanzadoras xa que hai un descenso xeneralizado de casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, luns 15, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou en algúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que as cifras poden mudar en calquera momento. Cabe recalcar que en Rodeiro, Dozón e Antas de Ulla non hai ningún caso. En xeral, o número está baixando con respecto ás semanas anteriores, pero é necesario seguir tomando todas as precaucións para que poidamos vencer a este virus.
Na comarca arzuana hai un lixeiro aumento con respecto a onte en Arzúa que pasa de 51 a 52, mentres que O Pino descende de 12 a 11 e Touro e Boimorto continúan cunha taxa de entre 1 e 9 afectados.
Na comarca dezana, Dozón e Rodeiro rexistran cero afectados. Lalín, segundo o Sergas, baixa de 72 a 61; Silleda de 46 a 38 e Vila de Cruces de 31 a 29. En Agolada o Sergas sinala que se sitúa cunha taxa de entre 1 e 9 cando en días anteriores eran oito os casos e o concelleiro de Sanidade de Agolada, Marcos Galego, informou hoxe pola tarde que son seis os afectados.
Na comarca Terra de Melide, na localidade melidense son catro menos os afectados con respecto a hai 24 horas e rexistra 19 e Sobrado dos Monxes, Santiso e Toques seguen entre 1 e 9, xa que non transcendeu o número concretp.
Por último, Antas de Ulla, na comarca da Ulloa, contabiliza cero casos, Monterroso segue cun rango de entre 1 e 9 e en Palas de Rei mantéñense os 15 afectados.
Fonte: Ecos da Comarca
Comments