Hai 12 municipios libres de coronavirus, todos encóntranse no nivel mínimo restricións
IsmaelRS/Xeral
LUNS, 14 XUÑO
Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 14 de xuño, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Hoxe son 12, os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón, Silleda, Rodeiro, Vila de Cruces, Santiso, Sobrado dos Monxes, Antas de Ulla, Monterroso, Arzúa, O Pino e Touro. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días e atópanse no nivel mínimo de restrincións.
Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, o municipio de Arzúa, O Pino e Touro non rexistran ningún caso. Mentres, Boimorto continúa nunha escala de entre 1 e 9 afectados, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Todos están no nivel máis baixo de restrincións.
Na comarca dezana Agolada, Dozón, Silleda, Rodeiro e Vila de Cruces non teñen ningún caso dende hai días. Sen embargo, en Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten entre 1 e 9 afectados, tal e como indica o Sergas, pero realmente mantense con dous casos activos, tal e como informou onte o alcalde José Crespo. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.
Na comarca Terra de Melide Santiso e Sobrado dos Monxes non teñen ningún caso, mentres que Melide e Toques teñen algún afectado. Todos están no nivel máis baixo de limitacións.
Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla e Monterroso atópanse libres de Covid, pola súa banda Palas de Rei ten algún contaxio. Todos están no nivel mínimo de limitacións.
Fonte: Ecos da Comarca.
Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Lalín e Silleda son os casos activos.
Kommentare