Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 14 de marzo

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

LUNS 14 MARZO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 14 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 38 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Boimorto e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. O Pino ten 27 casos, tres máis que onte.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón, Rodeiro sitúanse dende fai varios días nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 191 afectados, dez máis que na xornada de onte. Silleda conta con 68 casos activos, un menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 25 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 53 casos activos, un máis que na xornada de onte. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos. Pola súa parte Antas de Ulla sitúase con 12 casos activos, tres máis que onte.


491 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE