top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 14 de febreiro

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

LUNS 14 FEBREIRO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 14 de febreiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 72 casos activos, tres menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 22 casos activos, oito máis que fai 24 horas. O Pino ten 101 casos, doce menos que onte. Pola súa parte Touro ten 39 casos activos, tres menos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 13 positivos, un máis que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 14 afectados, os mesmos que fai 24 horas. Lalín conta con 372 afectados, oito máis que na xornada de onte. Rodeiro ten 10 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Silleda conta con 183 casos activos, nove menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 70 casos activos, un máis que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 112 casos activos, dous máis que na xornada de onte. Santiso ten 20 casos activos, dous menos que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 28 afectados, os mesmos que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 17 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 32 casos activos, tres menos que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 85 casos, un menos que fai 24 horas e Palas de Rei con 34 casos activos, catro menos que na xornada de onte.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page