Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
LUNS 13 XUÑO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 13 de xuño, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Boimorto e Touro sitúanse entre 1 e 9 casos activos. Arzúa conta con 16 afectados, dous menos que fai 48 horas. Pola súa parte O Pino sitúase con 10 afectados.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Lalín conta con 30 afectados, un menos que fai 48 horas. Silleda conta con 35 afectados, un menos que antonte. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 18 afectados, dous menos que fai 48 horas.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Melide conta con 21 afectados, un máis que fai 48 horas.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.

Comments