top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 13 de decembro

Foto del escritor: IsmaelRSIsmaelRS

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

LUNS13 DECEMBRO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 13 de decembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Boimorto, O Pino e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días. Pola súa parte Arzúa, sitúase con 15 casos activos, os mesmos que na xornada de onte.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días. Agolada ten tres positivos, os mesmos que na xornada de onte, segundo confirmou o concello hoxe pola mañá. Silleda conta con 19 casos activos, un máis que fai 24 horas. Pola súa parte Lalín sitúase con 36 afectados, catro máis que na xornada de onte.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días. Pola súa parte o municipio de Melide, sitúase con 14 casos activos, os mesmos que na xornada de onte.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días.



0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page