top of page
Foto del escritorIsmaelRS

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 12 de xullo

Son cinco os municipios libres de coronavirus, o último en baixar de esta lista e Melide


IsmaelRS/Xeral ACTUALIZACIÓN 17:30 Horas

LUNS, 12 XULLO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 12 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son cinco os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Dozón, Santiso, Sobrado dos Monxes, Boimorto e Toques. Os 17 municipios atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Boimorto é único municipio de esta comarca que se encontra libre de coronavirus. Mentres que Arzúa e Touro atópanse nunha taxa entre 1 e 9 afectados dende fai varios días. Dende hoxe O Pino pasa a situarse con 10 casos.


Na comarca dezana hai un único municipio libre de Covid: Dozón que non ten ningún caso dende hai días. Agolada, segundo a información do Sergas, está nunha taxa entre 1 e 9 contaxios, pero segundo informan dende o concello son 3 os casos activos. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 11 afectados, onte eran nove os casos activos, hoxe son dous máis, tal como indicou este luns o alcalde do municipio, José Crespo. E Silleda sube a 17 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días como apunta o Sergas, catro máis que fai 24 horas.


A comarca Terra de Melide están libres de Covid Santiso, Sobrado dos Monxe e Toques non teñen ningún caso dende hai días e o Sergas indica que hoxe Melide pasa a situarse nunha taxa entre 1-9 afectados.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Monterroso, Antas de Ulla e Palas de Rei, segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Agolada, Lalín e Silleda son os casos activos.


Limitacións por municipios

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, acordou:

  • Nivel alto de restricións para os concellos de Sarria, Illa de Arousa, Vilanova de Arousa, Vilagarcía de Arousa e Cambados.

  • Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Salceda de Caselas, Ribadavia, Barbadás, Ourense, Redondela, Pontevedra, Marín, Poio, Caldas de Reis e Culleredo.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page