top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 12 de decembro

Contamos nas Comarcas con nove concellos libres de afectados, é o caso de Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, O Pino, Palas de Rei, Santiso, Toques, Touro e Vila de Cruces


IsmaelRS/Xeral

LUNS 12 DECEMBRO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 12 de decembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con nove concellos libres de afectados, é o caso de Antas de Ulla, Arzúa, Boimorto, Dozón, O Pino, Santiso, Toques, Touro e Vila de Cruces.


LIBRE DE COVID. Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os concellos están libres de casos, é o caso de Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro.


Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Na comarca dezá, contamos con dous concellos libres de casos, é o caso de Dozón e Vila de Cruces. Pola súa parte Agolada, Lalín, Rodeiro e Silleda sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.


Na comarca Terra de Melide, contamos con dous concellos libres de casos, é o caso de Santiso e Toques. Pola súa parte Melide e Sobrado dos Monxes sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.


Por último, na comarca da Ulloa, contamos cun só concello libre de casos, é o caso de Antas de Ulla. Pola súa parte Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page