top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 11 de xullo

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

LUNS 11 XULLO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 11 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Touro sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Arzúa conta con 17 afectados, seis menos que fai 48 horas. Boimorto sitúase con 13 casos activos, os mesmos que antonte. Pola súa parte O Pino sitúase con 18 afectados, os mesmos que fai 48 horas.


Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Agolada sitúase con 16 afectados, dous menos que antonte. Lalín conta con 53 afectados, cinco máis que fai 48 horas. Silleda conta con 29 afectados, seis menos que antonte. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 22 afectados, tres menos que fai 48 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Toques e Santiso sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Melide conta con 12 afectados, dez menos que fai 48 horas. Pola súa parte Sobrado dos Monxes conta con 11 afectados, un máis que antonte.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Pola súa parte Monterroso conta con 16 afectados, un menos que antonte.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page