top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 10 de outubro

Contamos nas Comarcas con dous concellos libres de afectados, é o caso de Rodeiro e Touro


IsmaelRS/Xeral

LUNS 10 OUTUBRO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 10 de setembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con dous concellos libres de afectados, é o caso de Rodeiro e Touro.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, contamos só cun concello libre de afectados, é o caso de Touro. Pola súa parte Arzúa, Boimorto e O Pino sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas.


Na comarca dezá, contamos só cun único concello libre de afectado, é o caso de Rodeiro. Pola súa parte Agolada, Dozón, Lalín, Silleda e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.


Na comarca Terra de Melide, todos os concellos contan con casos activos. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias xornadas. Pola súa parte Melide conta con 10 casos activos.


Por último, na comarca da Ulloa, todos os concellos contan con casos activos. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page