Hai 12 municipios libres de coronavirus e sobre todo a situación é preocupante en Lalín, que supera os 40 casos activos.
IsmaelRS/Xeral/ACTUALIZACIÓN 16:45 HORAS
LUNS, 10 MAIO
Comenzamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 10 de maio, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son 12 os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón, Rodeiro, Santiso, Sobrado dos Monxes, Toques, Antas de Ulla, Monterroso, Arzúa, O Pino, Boimorto e Vila de Cruces. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Melide, Silleda e Lalín que superan estes valores.
Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, os municipios de Arzúa, O Pino e Boimorto non rexistran casos, mentres que Touro sitúanse nunha escala de entre 1 e 9 afectados, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Todos están no nivel máis baixo de restrincións.
Na comarca dezana, Dozón, Rodeiro, Agolada e Vila de Cruces están libres de coronavirus desde hai días. Mentres a situación é preocupante en Lalín e Silleda sobre todo no primeiro, que ten 39 casos activos, dous menos ca onte domingo, tal e como indicou o alcalde do municipio, José Crespo. E Silleda mantense con 19 casos, tal e como sinalou o Concello. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións, agás Lalín e Silleda están no nivel medio.
Na comarca Terra de Melide Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques non teñen ningún caso, mentres que Melide, segundo os últimos datos, baixa en cartro casos e sitúase con 10 afectados, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Aquí todos os concellos están no nivel máis baixo, agás Melide que está no nivel medio.
Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla e Monterroso están libres de Covid, mentres que Palas de Rei sitúase nunha escala de entre 1 e 9 afectados.
Fonte: Ecos da Comarca.
Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Lalín e Silleda son os casos activos.
Limitacións por municipios
Cabe mencionar que hai establecidos catro niveis de limitacións segundo a incidencia acumulada de contaxios de cada concello. Así a relación de municipios en cada nivel son:
No nivel máximo están Cambados, Vilanova de Arousa, Cualedro e Laza. A hostalaría está pechada e non se permiten as reunións de non convivintes e a mobilidade.
No nivel alto figuran Merca, A Pastoriza, Marín, Gondomar, Salceda de Caselas, Padrón, Mesía, Ribeira, Coristanco e A Laracha. A hostalaría pode abrir as terrazas ao 50% e con horario ata ás 23:00 horas para os bares e ás 1:00 horas para os restaurantes que cumpran os requisitos establecidos.
No nivel medio: os concellos de Carballeda de Valdeorras, Verea, Muíños, Verín, Xinzo de Limia, Allariz, Toén, Chantada, Meira, Cerdedo-Cotobade, Vilagarcía de Arousa, Soutomaior, Fornelos de Montes, Cangas, O Porriño, Tui, Vigo, Nigrán, Lalín, Silleda, Noia, Melide, Ordes, Carballo, Betanzos e Cambre. O peche dos bares é ás nove da noite e permítese o uso ao 30% do interior dos establecementos e no exterior, o 50%. Os restaurantes que cumpran os requisitos estipulados poden pechar ás once da noite.
E por último, no nivel medio-baixo permanecen o resto dos municipios galegos. O horario dos bares e cafeterías é ata ás 23:00 horas e dos restaurantes, que cumpran os requisitos marcadas ás 1:00 horas, con 75% de límite nas terrazas e 50% no interior.
Ademais, a Consellería de Sanidade permite as reunións de non conviventes nos domicilios e limítase a catro persoas no interior das vivendas e a seis en zonas exteriores. E tamén se pode viaxar en coche con persoas non conviventes. Mentres, a mobilidade permítese en todos os municipios, agás nos que están no nivel máximo nos que non se pode entrar nin saír de cada un sen unha causa xustificada.
A NOVA NORMALIDADE EN GALICIA NO SEGUINTE ENLACE:
Comments