Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
LUNS 09 MAIO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 09 de maio, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa conta con 22 casos activos, dous menos que fai 48 horas. Boimorto sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos. O Pino sitúase con 16 casos activos, un menos que antonte. Pola súa parte Touro conta con 11 casos activos, dous menos que fai 48 horas.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 54 afectados, dous menos que fai 48 horas. Silleda conta con 20 casos activos, tres menos que antonte. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 10 casos activos, os mesmos que fai 48 horas.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Santiso e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Melide sitúase con 39 casos activos, catro menos que antonte. Pola súa parte Sobrado dos Monxes conta con 11 casos activos, un máis que fai 48 horas.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla sitúase con 19 casos activos, un máis que antonte. Monterroso sitúase con 12 casos activos, sete menos que fai 48 horas. Pola súa parte Palas de Rei conta con 24 casos activos, tres menos que antonte.

Comments