Son dez os municipios que están libres de coronavirus, os memos que fai 24 horas
IsmaelRS/Xeral
LUNS, 05 XULLO
Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 05 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son dez os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón, Silleda, Melide, Santiso, Antas de Ulla, Monterroso, Boimorto, Touro e Toques. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días e os 17 municipios atópanse no nivel mínimo de restrincións.
Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Boimorto e Touro están libres de coronavirus. Mentres que Arzúa e O Pino se atopan nunha taxa entre 1 e 9 afectados.
Na comarca dezana hai tres municipios libres de Covid: Agolada, Dozón e Silleda que non teñen ningún caso dende hai días. Lalín ten algún contaxio. Segundo a incidencia acumulada a 14 días, como indica o Sergas, ten entre 1 e 9 afectados e onte dende o consistorio, indicaron que hai catro casos activos. E Vila de Cruces e Rodeiro volven ter entre 1 e 9 afectados. Pola súa parte Rodeiro ten en concreto, dous casos tal e como informou o xoves pasado o alcalde do municipio, Rubén Quintá.
Na comarca Terra de Melide Melide, Santiso e Toques non teñen ningún caso, pola contra Sobrado dos Monxes sigue a estar situado entre 1 e 9 afectados segundo a incidencia acumulada a 14 días, como indica o Sergas.
Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla e Monterroso están libre de Covid, mentres que Palas de Rei, segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios.
Fonte: Ecos da Comarca.
Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Lalín e Silleda son os casos activos.
Limitacións por municipios
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, acordou:
Nivel alto de restricións para os concellos de Carnota e Sarria.
Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos concellos de Cambre, Castroverde, Oia, Barro, Cambados, Poio, Pontevedra, Vilaboa e Vilanova de Arousa.
Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio baixo.
Kommentarer