Contamos nas Comarcas con cinco concellos libres de afectados, é o caso de Antas de Ulla, Dozón, Palas de Rei, Sobrado dos Monxes e Toques
IsmaelRS/Xeral
LUNS 05 SETEMBRO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 05 de setembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos nas Comarcas con cinco concellos libres de afectados, é o caso de Antas de Ulla, Dozón, Palas de Rei, Sobrado dos Monxes e Toques.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os concellos contan con afectados. Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.
Na comarca dezá, contamos só con un único concello libre de afectados, é o caso de Dozón. Pola súa parte Agolada, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos.
Na comarca Terra de Melide, contamos con dous concellos libres de afectados, é o caso de Sobrado dos Monxes e Toques. Pola súa parte Melide e Santiso sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.
Por último, na comarca da Ulloa, contamos con dous concellos libres de afectados, é o caso de Antas de Ulla e Palas de Rei. Pola súa parte Monterroso sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos.

Comments