top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste luns, 04 de xullo

Actualizado: 5 jul 2022

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

LUNS 04 XULLO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 04 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Boimorto sitúase entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Arzúa conta con 30 afectados, nove máis que fai 48 horas. O Pino sitúase con 20 afectados, un menos que antonte. Pola súa parte Touro conta con 16 afectados, un menos que fai 48 horas.


Preme na imaxe se quere contactar connosco!

Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Agolada sitúase con 18 afectados, os mesmos que antonte. Lalín conta con 61 afectados, os mesmos que antonte. Silleda conta con 31 afectados, seis máis que fai 48 horas. Pola súa parte Vila de Cruces conta con 20 afectados, seis máis que antonte.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Melide conta con 31 afectados, oito máis que fai 48 horas. Pola súa parte Santiso conta con 13 afectados, catro máis que antonte.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas. Monterroso conta con 20 afectados, un máis que antonte. Pola súa parte Palas de Rei conta con 24 afectados, catro máis que fai 48 horas.

Datos últimos 7 días. Fonte: SERGAS

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page