Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
LUNS 02 MAIO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 02 de maio, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa conta con 24 casos activos, dous menos que fai 48 horas. Boimorto sitúase con 16 casos activos, un máis que antonte. O Pino sitúase con 19 casos activos, dous máis que fai 48 horas. Pola súa parte Touro conta con 16 casos activos, un máis que antonte.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 66 afectados, sete máis que fai 48 horas. Silleda conta con 38 casos activos, dous máis que antonte. Pola súa parte Rodeiro sitúase con 10 casos activos, os mesmos que fai 48 horas.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 55 casos activos, tres menos que antonte. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla sitúase con 15 casos activos, tres menos que antonte. Monterroso sitúase con 14 casos activos, catro máis que fai 48 horas. Pola súa parte Palas de Rei conta con 20 casos activos, un máis que antonte.

Comentários