Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
LUNS 01 AGOSTO

Comezamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 01 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada, Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Lalín conta con 16 afectados, os tres máis que fai 48 horas. Pola súa parte Silleda conta con 10 afectados, dous menos que antonte.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide, Toques, Santiso e Sobrado dos Monxes sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varios días.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei sitúanse nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.

Comments