Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste domingo, 9 de xaneiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

DOMINGO 9 XANEIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 9 de xaneiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 60 casos activos, cinco máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 22 casos activos, un menos que fai 24 horas. O Pino ten 72 casos, seis máis que onte. Pola súa parte Touro ten 45 casos activos, dous menos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 23 positivos, os mesmos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 11 afectados, os mesmos que fai 24 horas. Lalín conta con 348 afectados, oito máis que na xornada de onte. Rodeiro ten 48 casos activos, oito máis que fai 24 horas. Silleda conta con 106 casos activos, os mesmos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 87 casos activos, dous menos que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Sobrado dos Monxes sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Melide sitúase con 105 casos activos, os mesmos que na xornada de onte. Santiso ten 18 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 14 casos activos, os mesmos que na xornada de onte.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 13 casos activos, un máis que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 55 casos, os mesmos que fai 24 horas e Palas de Rei con 41 casos activos, un menos que na xornada de onte.


1225 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE