top of page
Foto del escritorLaura Moure

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste domingo, 9 de maio

Hai 12 municipios libres de coronavirus e sobre todo a situación é preocupante en Lalín, que supera os 40 casos activos. Hoxe comenzamos coa nova normalidade


Laura Moure/Xeral /ACTUALIZACIÓN 19:30 HORAS

DOMINGO, 9 MAIO

Fonte: Ecos da Comarca

Seguimos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 9 de maio, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Convértense en 12 os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón, Rodeiro, Santiso, Sobrado dos Monxes, Toques, Antas de Ulla, Monterroso, Arzúa, O Pino, Boimorto e Vila de Cruces. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Melide, Silleda e Lalín que superan estes valores.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, os municipios de Arzúa, O Pino e Boimorto non rexistran casos, mentres que Touro sitúanse nunha escala de entre 1 e 9 afectados, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Todos están no nivel máis baixo de restrincións.


Na comarca dezana, Dozón, Rodeiro, Agolada e Vila de Cruces están libres de coronavirus desde hai días. Mentres a situación é preocupante en Lalín e Silleda sobre todo no primeiro, que ten 41 casos activos, tres menos ca onte, tal e como indicou este domingo o alcalde do municipio, José Crespo. E Silleda ten 19 casos, tal e como sinalou hoxe o Concello. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións, agás Lalín e Silleda están no nivel medio.


Na comarca Terra de Melide Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques non teñen ningún caso, mentres que Melide, segundo os últimos datos, segue tendo 14 afectados, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Aquí todos os concellos están no nivel máis baixo, agás Melide que está no nivel medio.


Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla e Monterroso están libres de Covid, mentres que Palas de Rei sitúase nunha escala de entre 1 e 9 afectados.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Lalín e Silleda son os casos activos.


Limitacións por municipios


Cabe mencionar que hai establecidos catro niveis de limitacións segundo a incidencia acumulada de contaxios de cada concello. Así a relación de municipios en cada nivel son:

  • No nivel máximo están Cambados, Vilanova de Arousa, Cualedro e Laza. A hostalaría está pechada e non se permiten as reunións de non convivintes e a mobilidade.

  • No nivel alto figuran Merca, A Pastoriza, Marín, Gondomar, Salceda de Caselas, Padrón, Mesía, Ribeira, Coristanco e A Laracha. A hostalaría pode abrir as terrazas ao 50% e con horario ata ás 23:00 horas para os bares e ás 1:00 horas para os restaurantes que cumpran os requisitos establecidos.

  • No nivel medio: os concellos de Carballeda de Valdeorras, Verea, Muíños, Verín, Xinzo de Limia, Allariz, Toén, Chantada, Meira, Cerdedo-Cotobade, Vilagarcía de Arousa, Soutomaior, Fornelos de Montes, Cangas, O Porriño, Tui, Vigo, Nigrán, Lalín, Silleda, Noia, Melide, Ordes, Carballo, Betanzos e Cambre. O peche dos bares é ás nove da noite e permítese o uso ao 30% do interior dos establecementos e no exterior, o 50%. Os restaurantes que cumpran os requisitos estipulados poden pechar ás once da noite.

  • E por último, no nivel medio-baixo permanecen o resto dos municipios galegos. O horario dos bares e cafeterías é ata ás 23:00 horas e dos restaurantes, que cumpran os requisitos marcadas ás 1:00 horas, con 75% de límite nas terrazas e 50% no interior.

Ademais, a Consellería de Sanidade permite as reunións de non conviventes nos domicilios e limítase a catro persoas no interior das vivendas e a seis en zonas exteriores. E tamén se pode viaxar en coche con persoas non conviventes. Mentres, a mobilidade permítese en todos os municipios, agás nos que están no nivel máximo nos que non se pode entrar nin saír de cada un sen unha causa xustificada.


A NOVA NORMALIDADE EN GALICIA NO SEGUINTE ENLACE:

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page