top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste domingo, 7 de marzo

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

O nivel de contaxios segue sendo baixo en xeral en todos os municipios


Laura Moure

DOMINGO 7 MARZO

Fonte: Ecos da Comarca


Un día máis continuamos informando dos casos de coronavirus que seguen tendendo á baixa nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, domingo 7 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Hoxe practicamente son as mesmas cifras que fai 24 horas. E estas son moi esperanzadoras xa que O Pino, Agolada, Dozón, Rodeiro, Santiso, Toques, Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei non rexistran novos afectados nos últimos sete días e os demais, a maioría deles, sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos.


Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días tal e como informa o Sergas Arzúa segue hoxe tamén cunha taxa de entre 1 e 9 afectados, mentres que O Pino non rexistra novos casos. Mentres que Boimorto e Touro pasaron de ter cero casos novos esta semana a volver estar cunha taxa de entre 1 e 9. Todos están no nivel mínimo de restrincións.


Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Dozón, Rodeiro e Agolada non teñen ningún novo afectado; Lalín mantense con 15 activos e Silleda segue con 14, xa que non trascendeu a cifra exacta de hoxe mentres que Vila de Cruces continúa cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Todos estes municipios están no nivel de restrinción media, é dicir no mínimo.

Na comarca Terra de Melide, dous municipios seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados segundo a incidencia das últimas sete xornadas. Son Melide e Sobrado dos Monxes. Mentres que en Santiso e Toques continúa sen rexistrarse ningún novo caso. Aquí todos os concellos están no nivel medio de restrincións menos Sobrado que continúa no alto.

Por último, as novas tamén son boas na comarca da Ulloa. Antas de Ulla, Monterroso e Palas de Rei non contabilizaron novos afectados nos sete últimos días. Todos están no nivel mínimo de limitacións.


Pero debemos ser prudentes e tomar todas as precaucións para evitar que os casos volvan ascender.

Fonte: Ecos da Comarca

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page