Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste domingo, 6 de febreiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

DOMINGO 6 FEBREIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 6 de febreiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 96 casos activos, tres menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 34 casos activos, dous menos que fai 24 horas. O Pino ten 131 casos, sete menos que onte. Pola súa parte Touro ten 52 casos activos, un menos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 18 positivos, os mesmos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 17 afectados, un menos que fai 24 horas. Lalín conta con 391 afectados, 14 menos que na xornada de onte. Rodeiro ten 25 casos activos, cinco menos que fai 24 horas. Silleda conta con 220 casos activos, tres menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 89 casos activos, nove menos que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 130 casos activos, tres menos que na xornada de onte. Santiso ten 11 casos activos, un máis que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 29 afectados, un máis que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 10 casos activos, un menos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 36 casos activos, os mesmos que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 82 casos, catro máis que fai 24 horas e Palas de Rei con 54 casos activos, seis menos que na xornada de onte.


689 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE