Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste domingo, 30 de xaneiro
- IsmaelRS
- 30 ene 2022
- 2 Min. de lectura
Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
DOMINGO 30 XANEIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 30 de xaneiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 126 casos activos, catro menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 44 casos activos, catro máis que fai 24 horas. O Pino ten 126 casos, dous menos que onte. Pola súa parte Touro ten 67 casos activos, un menos que fai 24 horas.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 16 positivos, os mesmos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 26 afectados, catro menos que fai 24 horas. Lalín conta con 525 afectados, 16 menos que na xornada de onte. Rodeiro ten 46 casos activos, un menos que fai 24 horas. Silleda conta con 224 casos activos, cinco máis que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 108 casos activos, cinco menos que fai 24 horas.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 168 casos activos, os mesmos que na xornada de onte. Santiso ten 24 casos activos, dous menos que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 37 afectados, tres menos que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 20 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 29 casos activos, catro máis que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 65 casos, cinco menos que fai 24 horas e Palas de Rei con 64 casos activos, un menos que na xornada de onte.

Comments