Un único municipio libre de coronavirus, os mesmos que fai 24 horas, a situación e máis preocupante en Arzúa, Lalín, Melide, Monterroso e Silleda
IsmaelRS/Xeral
DOMINGO, 25 XULLO
![](https://static.wixstatic.com/media/0216be_fff9dededc2a4d1aaa0c52583c683650~mv2.png/v1/fill/w_980,h_691,al_c,q_90,usm_0.66_1.00_0.01,enc_auto/0216be_fff9dededc2a4d1aaa0c52583c683650~mv2.png)
Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 25 de xullo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Un único municipio sen ningún caso de Covid-19: Dozón. Os 17 municipios atópanse no nivel mínimo de restrincións.
Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Arzúa sitúase con 39 casos, dous máis que fai 24 horas, O Pino ten en 21 afectados, seis máis que fai 24 horas, Boimorto e Touro atópanse nunha taxa entre 1 e 9 afectados dende fai varios días.
Na comarca dezana hai un único municipio libre de Covid: Dozón que non ten ningún caso dende hai días. Agolada, tal e como confirmou este venres o concelleiro de Sanidade, Marcos Galego, hai tres casos activos, os mesmos que hai 24 horas. Un dos afectados recibiu a alta, pero sumáronse onte dous novos contaxios. Rodeiro, segundo o Sergas, está entre 1 e 9, pero o martes pola tarde o alcalde, Rubén Quintá, especificou que hai catro casos activos. "Ollo! Que non se pense que só é algo que afecta a quen non está vacinado. Os casos destes días son case todos de veciños que recibiron a pauta completa da vacina", recalca Quintá. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 39 afectados, tres máis que onte. E Silleda ten 37 casos segundo a incidencia acumulada a 14 días como apuntan dende o Concello, os mesmos que fai 24 horas.
A comarca Terra de Melide todos municipios contan con casos activos, Santiso sitúase cunha taxa entre 1 e 9 casos. O Sergas indica que Melide ten 67 afectados, nove máis que fai 24 horas, Toques ten 10 afectados, os mesmo que fai 24 horas, e pola súa parte Sobrado dos Monxes atópase nunha taxa entre 1-9 afectados.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas, ten entre 1 e 9 contaxios. Pola súa parte o municipio de Monterroso pasa a situarse con 36 casos covid, oito máis que fai 24 horas e Palas de Reis con 12, un máis que onte.
![](https://static.wixstatic.com/media/0216be_6514dc5e724241bda451d79d9028266b~mv2.png/v1/fill/w_980,h_512,al_c,q_90,usm_0.66_1.00_0.01,enc_auto/0216be_6514dc5e724241bda451d79d9028266b~mv2.png)
Fonte: Ecos da Comarca.
Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Arzúa, Lalín, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei e Silleda e Rodeiro son os casos activos.
Limitacións por municipios
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola covid-19, acordou:
Nivel máximo sete concellos: O Barco de Valdeorras, Cambados, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Sanxenxo, Meaño e O Grove. .
Nivel alto na provincia da Coruña, os municipios de Melide, Porto do Son, Carballo, Fisterra, Oleiros, Vimianzo, Arzúa e Ribeira; en Lugo os de Burela, Viveiro, Cervo, Foz e Ribadeo; na provincia de Ourense, ademais de Avión, Barbadás e Carballiño estará a cidade de Ourense; e, na provincia de Pontevedra estarán Vigo, Pontevedra, A Illa de Arousa, Vilagarcía, Vilanova de Arousa, Marín, Poio, Baiona, Gondomar, Nigrán, O Rosal e Tomiño. .
Nivel medio os municipios de Beariz, Entrimo, Boborás, Maceda, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao, Ribadavia, Vilamartin de Valdeorras, Sarria, Mondoñedo, Lugo, Vilalba, A Coruña, Culleredo, Cambre, Sada, Ames, Muros, Noia, Oroso, Santiago, Silleda, Teo, Pontecesures, Fene, Ferrol, Mugardos, Meis, Ribadumia, Caldas de Reis, Redondela, Bueu, Ponte Caldelas, A Guarda, Moaña, Mos, O Porriño e Tui. .
Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.
Comments