Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste domingo, 23 de xaneiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

DOMINGO 23 XANEIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 23 de xaneiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 152 casos activos, tres máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 46 casos activos, dous máis que fai 24 horas. O Pino ten 136 casos, os mesmos que onte. Pola súa parte Touro ten 71 casos activos, dous máis que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 21 positivos, os mesmos que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 37 afectados, un máis que fai 24 horas. Lalín conta con 704 afectados, dous menos que na xornada de onte. Rodeiro ten 36 casos activos, dous máis que fai 24 horas. Silleda conta con 210 casos activos, dous máis que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 106 casos activos, cinco máis que fai 24 horas.

Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 205 casos activos, oito máis que na xornada de onte. Santiso ten 28 casos activos, un máis que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 51 afectados, un menos que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 34 casos activos, un máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 21 casos activos, un menos que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 96 casos, os mesmos que fai 24 horas e Palas de Rei con 56 casos activos, catro máis que na xornada de onte.


1177 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE