Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste domingo, 22 de agosto

Dende hoxe todo os municipios das comarcas contan con casos activos, hoxe baixa desta lista o municipio de Dozón despois de moitas sen casos. Continúa o descenso de afectados en case todos os concellos, só contamos con tres municipios por encima da vintena de casos activos


IsmaelRS/Xeral

DOMINGO, 22 AGOSTO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 22 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Dende hoxe todos os municipios das comarcas volven ter casos de Covid-19. Contamos con tres municipios no nivel medio (Monterroso, Silleda e Touro) e os 14 municipios restantes atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Arzúa, Boimorto, O Pino e Touro atópanse nunha taxa entre 1 e 9 afectados.


Na comarca dezana todos os municipio teñen casos Covid, Dozón súmase dende hoxe a esta lista e sitúase nunha escala entre 1-9 afectados. Dende antonte Agolada volve ter casos activos, e pasa a situarse nunha escala entre 1-9 afectados, en concreto dende o concello indican que son 4 os casos activos. Rodeiro conta con 2 casos activos, dous menos que fai 24 horas. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 25 afectados; Silleda ten 37 casos activos, os mesmos que fai 24 horas, o Concello de Silleda informou onte pola tarde: "que tras o cribado levado acabo onte sábado no centro de saúde, o que acudiron un total de 348 veciños e no que se detectou un único positivo", e Vila de Cruces con 10 afectados, un menos que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos, Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques están nunha escala de entre 1 a 9 contaxios. Pola súa parte Melide pasa a ter 21 casos, cinco casos máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla e Palas de Rei segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas teñen entre 1 e 9 contaxios. Pola súa parte, o municipio de Monterroso ten 11 casos, un menos que onte.

Fonte: Ecos da Comarca.

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Agolada, Lalín, Melide, Monterroso, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces son os casos activos.

Limitacións por municipios

O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:

  • Nivel alto de restricións nos municipios de Fisterra, Laxe, Malpica de Bergantiños, Muxía, A Coruña, Arteixo, Betanzos, Cee, Miño, Sada, Camariñas, Vimianzo, Cabana de Bergantiños, Pontedeume, Cabanas, Ares, Rábade, A Rúa, O Barco de Valdeorras, O Grove, Meis, Bueu, Pontecaldelas, Redondela, Tui, Vigo, Arbo, As Neves, Nigrán, Tomiño, O Rosal, Ponteareas e A Cañiza.

  • Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos seguintes concellos: Zas, Coirós, Corcubión, Carballo, Carral, Cerceda, Abegondo, Coristanco, Curtis, Ponteceso, Oza-Cesuras, A Laracha, Cambre, Culleredo, Oleiros, Cariño, Fene, Narón, Neda, Ferrol, Ames, Ribeira, Padrón, Rianxo, Santiago de Compostela, Boiro, Silleda, Touro, Santa Comba, Trazo, Outeiro de Rei, Chantada, Lugo, Mondoñedo, Monforte de Lemos, Sarria, Monterroso, Barreiros, Ribadeo, Viveiro, Avión, Allariz, Xinzo de Limia, A Veiga, Ourense, O Carballiño, Coles, Verín, A Lama, Portas, Cambados, Marín, Vilagarcía de Arousa, A Illa de Arousa, Catoira, Caldas de Reis, Pontevedra, Sanxenxo, Poio, Soutomaior, Gondomar, Salvaterra do Miño, Cangas, Moaña, Mos, Salceda de Caselas, Mondariz, Pazos de Borbén, Baiona, O Porriño e A Guarda.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.

351 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE