Dozón, Rodeiro, Santiso, Arzúa, Toques, Melide e hoxe súmase a esta listaxe Palas de Rei non contabilizan novos contaxios e só Silleda, dos 17 municipios, supera a decena
Laura Moure
DOMINGO 21 MARZO
Fonte: Ecos da Comarca
Acabamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, domingo 21 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son sete, un más ca onte, os municipios que non rexistran novos casos: Dozón, Rodeiro, Santiso, Arzúa, Toques, Melide e hoxe súmase a esta listaxe Palas de Rei. Os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Silleda.
Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días, tal e como informa o Sergas, Boimorto, Touro e O Pino un día máis seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados mentres Arzúa segue sen contabilizan ningún novo caso. Todos están no nivel máis baixo de restrincións, agás Boimorto que está no medio.
Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Dozón e Rodeiro non teñen ningún novo afectado desde fai semanas; Lalín mantense con oito casos activos e Silleda con 38, xa que de momento de ambos concellos non trascendeu a cifra exacta de hoxe. Cabe lembrar que gran parte dos contaxios do municipio silledense están na residencia de maiores onde se detectou un gromo. Por último, Agolada e Vila de Cruces sitúase nunha taxa de entre 1 e 9 casos. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.
Na comarca Terra de Melide, Sobrado dos Monxes segue cun rango de entre 1 e 9 afectados. Mentres que Santiso, Toques e Melide continúan sen contabilizar novos casos nos últimos sete días. Aquí todos os concellos están no nivel baixo de restrincións menos Sobrado que continúa no alto.
Por último, na comarca da Ulloa, Antas de Ulla e Monterroso seguen tendo entre 1 e 9 contaxiados. Pola contra, hoxe Palas de Rei non contabiliza ningún novo afectado. Todos están no nivel mínimo de limitacións.
Cabe recordar que o goberno galego estableceu catro novos niveis de limitacións que entraron en vigor este venres:
No nivel máximo: Seguirá a hostalaría pechada e non se permiten tampouco as reunións de non convivintes. Están neste nivel Vilardevós, Paradela e Maside.
No nivel alto, que teñen entre 250 e 500 casos por 100.000 habitantes, figuran Sobrado, Boborás, A Mezquita, Pontecesures, Neda e Arteixo. A hostalaría poderá abrir as terrazas ao 50% e con horario ata ás 21:00 horas.
No nivel medio tamén o peche dos locais hostaleiros será ás nove da noite. Permitirase o uso ao 30% do interior dos establecementos e no exterior, o 50%. Nesta listaxe figuran 14 municipios: Laxe, Ponteceso, Culleredo, A Coruña, Bergondo, Mugardos, Valdomiño, Guitiriz, Boimorto, Chantada, Pantón, Sober, Coles e Soutomaior.
No nivel baixo: tamén se amplía o horario de restaurantes, bares e cafeterías ata ás 21 horas con 75% de límite nas terrazas e 50% no interior.
A mobilidade permítese entre todos os concellos, agás nos tres que están no nivel máximo, con incidencia maior a 500 casos por cada 100.000 habitantes.
Fonte: Ecos da Comarca
Comments