Os casos seguen indo a menos con respecto a semanas anteriores
Laura Moure
DOMINGO 21 FEBREIRO
Fonte: Ecos da Comarca
Os casos coronavirus seguen tendendo á baixa nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, domingo 21, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que as cifras poden mudar en calquera momento. Rodeiro, Dozón, Antas de Ulla e Santiso non rexistran novos afectados e gran parte dos concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos. Pero é necesario seguir tomando todas as precaucións para que poidamos vencer a este virus.
Na comarca arzuana, Arzúa pasa de 24 a 23 con respecto a hai 24 horas e O Pino, Touro e Boimorto seguen cun rango de entre 1 e 9 afectados.
Na comarca dezana, Dozón e Rodeiro continúan con cero afectados novos. Lalín baixa de 37 a 35 e o número de casos diagnosticados por Probas Diagnósticas de Infección Activa (PDIA) nos últimos 14 días é de 27, de acordo ao mapa de incidencia diaria do Sergas; o Concello de Silleda informou hoxe despois do mediodía que son 25 os casos activos, dez menos ca onte e Vila de Cruces e Agolada seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados.
Na comarca Terra de Melide, un día máis tres municipios seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados: a localidade melidense, Sobrado dos Monxes e Toques. Mentres que en Santiso, hoxe segundo o Sergas, non se detectou ningún novo caso tampouco.
Por último, Antas de Ulla, na comarca da Ulloa, contabiliza unha xornada máis cero casos novos e Monterroso e Palas de Rei seguen cunha escala de entre 1 e 9 casos.
Fonte: Ecos da Comarca
Comments