top of page

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste domingo, 2 de xaneiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

DOMINGO 2 XANEIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 2 de xaneiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 35 casos activos, dous máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 12 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. O Pino ten 46 casos, catro máis que onte. Pola súa parte Touro ten 40 casos activos, cinco máis que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Agolada ten 16 positivos, cous máis que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Silleda conta con 89 casos activos, dous máis que fai 24 horas. Rodeiro ten 20 casos activos, un máis que onte. Pola súa parte Lalín sitúase con 231 afectados, 14 máis que na xornada de onte. Vila de Cruces sitúase con 69 casos activos, tres máis que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Melide sitúase con 72 casos activos, dous máis que na xornada de onte. Pola súa parte o municipio de Santiso ten 17 casos activos, un menos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con nunha escala entre 1 e 9 casos activos. Mentres que o municipio de Monterroso ten 35 casos, dous máis que fai 24 horas e Palas de Rei con 27 casos activos, un máis que na xornada de onte.


Kommentare


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page