Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

  • IsmaelRS

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste domingo, 2 de maio

Son 12 os municipos que non teñen ningún afectado mentres que os demais rexistran entre 1 e 9 casos agás Melide, Silleda e Lalín que teñen por encima destes valores


IsmaelRS/Xeral

DOMINGO 2 DE MAIO

Fonte: Ecos da Comarca

Un día máis seguimos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 2 de maio, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Manteñense en 12 os municipios que non rexistran ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón, Rodeiro, Santiso, Sobrado dos Monxes, Toques, Antas de Ulla, Monterroso, Touro e O Pino, Boimorto e Vila de Cruces. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Melide, Silleda e Lalín que superan estes valores, e sobre todo neste dos últimos municipios a situación é preocupante ao dispararse os afectados esta semana.

Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, un día máis O Pino, Touro e Boimorto non rexistran casos, mentres que Arzúa continúa nunha escala de entre 1 e 9 afectados, segundo a incidencia acumulada a 14 días. Todos están no nivel máis baixo de restrincións.

Na comarca dezana, Dozón, Rodeiro, Agolada e Vila de Cruces non teñen ningún novo afectado tal e como indica hoxe, domingo, o Sergas tamén están libres de coronavirus. Mentres a situación é preocupante en Lalín e Silleda onde os casos se foron disparando ao longo desta semana. Lalín ten 39 casos activos, un máis ca hai 24 horas, tal e como informou o alcalde do municipio, José Crespo. E Silleda ten 15, un máis ca fai 24 horas. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións, pero o luns Lalín e Silleda pasarán ao medio.

Na comarca Terra de Melide Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques non teñen ningún caso, mentres que Melide, segundo os últimos datos, mantese con 10 afectados. Aquí todos os concellos están no nivel máis baixo, pero o municipio melidense o luns pasará ao medio.

Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla e Monterroso non contabilizan ningún novo afectado unha xornada máis, mentres que Palas de Rei segue tendo entre 1 e 9 contaxios, pero non rexistrou ningún novo caso nos últimos sete días. Todos están no nivel mínimo de limitacións.

Fonte: Ecos da Comarca. *

*Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días.


Limitacións por municipios

Cabe mencionar que hai establecidos catro niveis de limitacións segundo a incidencia acumulada de contaxios de cada concello. Así a relación de municipios en cada nivel son:

  • No nivel máximo están Vilanova de Arousa, Cualedro e Carballeda de Valdeorras. A hostalaría está pechada e non se permiten as reunións de non convivintes e a mobilidade.

  • No nivel alto figuran Petín, Muíños, Verea, A Merca, Meira, O Grove, Ribadumia, Marín, Meaño, Meis, Ponteareas, Salceda de Caselas, A Pobra do Caramiñal, Ribeira, Cambre e Coristanco. A hostalaría pode abrir as terrazas ao 50% e con horario ata ás 21:00 horas para os bares e ás 23 horas para os restaurantes que cumpran os requisitos establecidos.

  • No nivel medio: os concellos de Lobeira, Lobios, Verín, Cartelle, Xinzo de Limia, O Barco de Valdeorras, Trabada, Barreiros, Chantada, Cambados, Sanxenxo, Vilagarcía de Arousa, Poio, Cangas, Gondomar, Vigo, O Porriño, Nigrán, Tui, Rianxo, Mesía, Carnota, Carral, A Laracha, Betanzos, Carballo e Ares. O peche dos bares é ás nove da noite e permítese o uso ao 30% do interior dos establecementos e no exterior, o 50%. Os restaurantes que cumpran os requisitos estipulados poden pechar ás once da noite.

  • E por último, no nivel medio-baixo permanecen o resto dos municipios galegos. O horario dos bares e cafeterías é ata ás 21:00 horas e dos restaurantes, que cumpran os requisitos marcadas ás 23:00 horas, con 75% de límite nas terrazas e 50% no interior.