Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste domingo, 19 de decembro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

DOMINGO 19 DECEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 19 de decembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. O Pino sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varias semanas. Pola súa parte Arzúa, sitúase con 18 casos activos, un máis que na xornada de onte. Boimorto ten 11 casos activos, os mesmos que na xornada que onte. Touro ten 10 casos activos, os mesmo que onte.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Dozón e Rodeiro sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días. Agolada ten tres positivos, segundo confirmou o concello antonte pola mañá. Silleda conta con 21 casos activos, un máis que fai 24 horas. Pola súa parte Lalín sitúase con 64 afectados, un máis que na xornada de onte. Vila de Cruces sitúase con 14 casos activos, tres máis que na xornada de onte.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques sitúanse nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días. Pola súa parte o municipio de Melide, sitúase con 14 casos activos, dous máis que na xornada de onte.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 10 casos activos, os mesmos que na xornada de onte. Mentres que os municipios de Monterroso sitúase con 16, dous máis que fai 24 horas e Palas de Rei, sitúanse con 12 casos activos, un menos que na xornada de onte.