Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste domingo, 18 de abril

Mantense a ducia de municipios que non rexistran novos contaxios nos últimos sete días, pero tres deles seguen tendo algún afectado segundo a incidencia acumulada a 14 días


Laura Moure

DOMINGO 18 ABRIL

Fonte: Ecos da Comarca


Seguimos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 18 de abril, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son exactamente os mesmos datos que de onte sábado. Seguen sendo 12 os municipios que non rexistran novos casos nas últimas sete xornadas: Agolada, Dozón, Rodeiro, Silleda, Santiso, Sobrado dos Monxes, Toques, Antas de Ulla, Monterroso, Arzúa, Touro e O Pino. Sen embargo, libres de coronavirus só son nove, porque Toques, Silleda e Arzúa seguen tendo algún afectado. Todos os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Lalín que supera a decena.

Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días, tal e como informa o Sergas, un día máis O Pino e Touro non rexistran novos casos nos últimos sete díes. Desde antonte tamén figura nesta lista Arzúa porque non tivo ningún novo afectado nestas últimas xornadas, pero sigue tendo algún contaxio porque a incidencia acumulada a 14 días é de entre 1 e 9 enfermos. Mentres Boimorto segue nunha escala de entre 1 e 9 contaxios. Todos están no nivel máis baixo de restrincións, agás Boimorto que desde este luns está no alto.

Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Dozón, Rodeiro e Agolada non teñen ningún novo afectado e Lalín mantense con 13 casos activos. Vila de Cruces está nun rango entre 1 e 9 afectados, concretamente ten nove casos activos. E Silleda, segundo a incidencia acumulada a sete días non ten ningún novo contaxio, pero a 14 días segue estando entre 1 e 9. Todos estes municipios están no nivel mínimo de limitacións.

Na comarca Terra de Melide Santiso e Sobrado dos Monxes continúan un día máis sen contabilizar novos casos nos últimos sete días. Tampoco hai novos afectados segundo a incidencia acumulada a sete días en Toques sen embargo, hai que recalcar que este municipio segue tendo algún contaxio e sitúase nun rango de 1 a 9 afectados segundo a incidencia acumulada a 14 días. Mentres, Melide volve estar nun rango de entre 1 e 9 contaxios. Aquí todos os concellos están no nivel máis baixo.

Por último, na comarca da Ulloa Antas de Ulla e Monterroso non contabilizan ningún novo afectado unha xornada máis, mentres que Palas de Rei volve situarse entre 1 e 9 contaxios. Todos están no nivel mínimo de limitacións.

Limitacións por municipios

Cabe mencionar que hai establecidos catro niveis de limitacións segundo a incidencia acumulada de contaxios de cada concello e que este venres entraron en vigor novas limitacións que afectan a algúns municipios. Así a relación de concellos en cada nivel son:

  • No nivel máximo están A Pobra do Caramiñal, O Grove e Carballeda de Valdeorras. A hostalaría está pechada e non se permiten as reunións de non convivintes e a mobilidade.