Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste domingo, 16 de xaneiro

Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid


IsmaelRS/Xeral

DOMINGO 16 XANEIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 16 de xaneiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.


Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 111 casos activos, dez máis que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 41 casos activos, un máis que fai 24 horas. O Pino ten 112 casos, catro máis que onte. Pola súa parte Touro ten 47 casos activos, os mesmos que fai 24 horas.


Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 33 positivos, un máis que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 25 afectados, cinco máis que fai 24 horas. Lalín conta con 572 afectados, 41 máis que na xornada de onte. Rodeiro ten 37 casos activos, catro menos que fai 24 horas, tal como informaou onte o alcalde, Rubén Quintá Quintá. Silleda conta con 151 casos activos, dez máis que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 93 casos activos, cinco máis que fai 24 horas.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 169 casos activos, dez máis que na xornada de onte. Santiso ten 11 casos activos, un máis que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 34 afectados, catro máis que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 27 casos activos, un máis que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 21 casos activos, dous máis que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 89 casos, nove máis que fai 24 horas e Palas de Rei con 47 casos activos, un máis que na xornada de onte.


2588 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE