Son tres os municipios libres de coronavirus, os mesmos que fai 24 horas e polo xeral, sigue o descenso de afectados en todos os concellos
IsmaelRS/Xeral
DOMINGO, 15 AGOSTO
Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 15 de agosto, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Son tres os municipios sen ningún caso de Covid-19: Agolada, Dozón e Santiso. Contamos con cinco municipios no nivel medio (Melide, Monterroso, Palas de Rei, Silleda e Touro) e os 12 municipios restantes atópanse no nivel mínimo de restrincións.
Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Arzúa e Boimorto atópanse nunha taxa entre 1 e 9 afectados, Arzúa súmase dende hoxe a esta lista. O Pino ten 12 afectados, dous menos que onte, Touro rexistra 19 afectados, un menos que fai 24 horas.
Na comarca dezana hai dous municipios libres de Covid: Agolada e Dozón. Rodeiro conta con 14 casos activos, un menos que onte. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 26 afectados, dous menos ca onte, tal e como informou hoxe o alcalde, José Crespo Iglesias; Silleda baixa a 34 casos activos, dous menos que fai 24 horas, Vila de Cruces continúa con16 afectados, dous menos que fai 24 horas.
Na comarca Terra de Melide hai un só municipio libre de casos: Santiso. Toques está nunha escala de entre 1 a 9 contaxios. O Sergas indica que Melide ten 16 afectados, tres menos que fai 24 horas. Pola súa parte Sobrado dos Monxes encontrase entre 1 e 9 casos.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla e Palas de Rei segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas teñen entre 1 e 9 contaxios. Pola súa parte, o municipio de Monterroso ten 18 casos, un máis que fai 24 horas.
Fonte: Ecos da Comarca.
Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Lalín, Melide, Monterroso, O Pino, Rodeiro, Silleda, Touro e Vila de Cruces son os casos activos.
Limitacións por municipios
O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:
Nivel máximo de restricións para o concello de O Grove.
Nivel alto na provincia da Coruña, os municipios de Cee, Fisterra, Laxe, Malpica, A Coruña, A Laracha, Arteixo, Betanzos, Cambre, Carballo, Culleredo, Oleiros, Sada, Miño, Pontedeume, Cabanas, Ferrol, Muros, Ames e Ribeira; en Lugo os de Viveiro, Burela, Foz, Chantada, Lugo, Ribadeo, Xove e Outeiro de Rei; na provincia de Ourense os municipios de O Barco de Valdeorras e Verín; e, na provincia de Pontevedra estarán Sanxenxo, Meaño, Bueu, Cambados, Marín, Meis, Poio, Pontevedra, Portas, Soutomaior, Vilaboa, Vilagarcía de Arousa, Baiona, A Guarda, Gondomar, Nigrán, O Porriño, Redondela, Salvaterra, Tui, Vigo, Arbo, As Neves e Tomiño.
Nivel medio na provincia da Coruña, os municipios de Corcubión, Paderne, Ponteceso, Coristanco, Muxía, Oza-Cesuras, Vimianzo, Abegondo, Caban, Coirós, Bergondo, Curtis, Camariñas, Carral, Cerceda, Cariño, Narón, Neda, Ares, Ortigueira, As Pontes, Cedeira, Fene, Touro, A Pobra do Caramiñal, Boiro, Melide, Padrón, Santiago, Teo, Carnota, Oroso e Rianxo; en Lugo os de Monterroso, Palas de Rei, Cospeito, Guitiriz, Cervo, Monforte, Mondoñedo, Sarria e Vilalba; na provincia de Ourense os de Riós, Avión, A Rúa, Monterrei, Xinzo, O Carballiño, Ourense, Celanova, Coles e Allariz; e, na provincia de Pontevedra estarán A Illa de Arousa, A Lama, Cuntis, Barro, Pontecaldelas, Vilanova de Arousa, Catoira, Mondariz, Pazos de Borbén, Moaña, Mos, O Rosal, Cangas, Ponteareas, Salceda de Caselas, Silleda e Valga.
Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.
Commentaires