Contamos con nove municipios libres de covid: Antas de Ulla, Boimorto, Dozón, Monterroso, Rodeiro, Sobrado dos Monxes, Toques, Touro e Vila de Cruces. Dende hoxe baixan desta lista os municipios de Palas de Rei e Silleda. IMPORTANTE: En dous días baixan desta lista catro municipios, xa non contamos con comarcas libre de Covid
IsmaelRS/Xeral
DOMINGO 14 NOVEMBRO
Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 14 de novembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Contamos con nove municipios libres de covid: Antas de Ulla, Boimorto, Dozón, Monterroso, Rodeiro, Sobrado dos Monxes, Toques, Touro e Vila de Cruces.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, son dous os municipio que están libres de covid: Boimorto e Touro. Arzúa volve dende onte a contar con casos activos de covid, e pasa a situarse entre 1 e 9 afectados. Pola súa parte O Pino sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados, dende fai varios días.
Na comarca dezá contamos con tres municipios libres de casos Covid, é o caso de Dozón, Rodeiro e Vila de Cruces. Agolada conta cun caso activo, tal e como informaron o xoves pasado, dende o concello. Pola súa parte Silleda e Lalín sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados.
Na comarca Terra de Melide contamos con dous municipios libres de casos: Sobrado dos Monxes e Toques. Santiso volve dende onte a contar con casos activos de covid, e pasa a situarse entre 1 e 9 afectados. Pola contra o municipio de Melide sitúase nunha escala entre 1 e 9 casos activos, dende fai varias semanas.
Por último, na comarca da Ulloa contamos con dous municipios libres de covid: Antas de Ulla e Monterroso. Pola súa parte Palas de Rei dende hoxe volve contar con casos, e sitúase nunha escala entre 1 e 9 afectados.
Comments