Baixan a cinco o concellos que non rexistran novos casos porque Palas de Rei volve ter algún afectado
Laura Moure
DOMINGO 14 MARZO

Fonte: Ecos da Comarca
Seguimos informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, domingo 14 de marzo, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Hoxe son cinco, un menos ca onte, os municipios que non rexistran novos casos: Agolada, Dozón, Rodeiro, Santiso e Antas de Ulla porque Palas de Rei volve ter algún caso, segundo a información do Sergas. Os demais concellos sitúanse nunha taxa de entre 1 e 9 casos, agás Lalín e Silleda.
Na comarca arzuana, segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días, tal e como informa o Sergas, Arzúa, Boimorto, Touro e O Pino un día máis seguen cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Todos están no nivel mínimo de restrincións.
Segundo a incidencia acumulada nos últimos sete días na comarca dezana, Agolada, Dozón e Rodeiro non teñen ningún novo afectado; Lalín ten 15 activos e Silleda 37 debido a un gromo na Residencia de Maiores da localidade e Vila de Cruces continúa cunha taxa de entre 1 e 9 afectados. Todos estes municipios están no nivel de restrinción media, é dicir no mínimo.
Na comarca Terra de Melide, Sobrado dos Monxes, Toques e Melide seguen cun rango de entre 1 e 9 afectados mentres que en Santiso continúa sen rexistrarse novos casos. Aquí todos os concellos están no nivel medio de restrincións menos Sobrado que continúa no alto.
Por último, na comarca da Ulloa, un día máis en Antas de Ulla non se contabilizaron novos afectados nos sete últimos días, mentres que Monterroso sitúase nunha taxa de entre 1 e 9 casos e hoxe tamén se suma a esta escala Palas de Rei, tras estar días sen contar novos afectados. Todos están no nivel mínimo de limitacións.
Debemos ser prudentes e tomar todas as precaucións para evitar que os casos volvan ascender.

Fonte: Ecos da Comarca
Kommentare