Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid
IsmaelRS/Xeral
DOMINGO 13 FEBREIRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 13 de febreiro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Todos os concellos das comarcas teñen casos activos de covid.
Na comarca arzuá tal e como informa o Sergas, todos os municipios teñen casos activos de covid. Arzúa ten 75 casos activos, sete menos que fai 24 horas. Boimorto sitúase con 14 casos activos, cinco menos que fai 24 horas. O Pino ten 113 casos, dous menos que onte. Pola súa parte Touro ten 42 casos activos, dous máis menos que fai 24 horas.
Na comarca dezá tódolos municipios contan con casos de Covid. Agolada ten 12 positivos, un máis que na xornada de onte, segundo fontes oficiais. Dozón sitúase con 14 afectados, un máis que fai 24 horas. Lalín conta con 364 afectados, trece menos que na xornada de onte. Rodeiro ten 10 casos activos, os mesmos que fai 24 horas. Silleda conta con 194 casos activos, cinco menos que onte. Pola súa parte Vila de Cruces sitúase con 69 casos activos, un menos que fai 24 horas.
Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos activos. Melide sitúase con 110 casos activos, un máis que na xornada de onte. Santiso ten 22 casos activos, catro máis que fai 24 horas. Sobrado dos Monxes sitúase con 28 afectados, un máis que onte. Pola súa parte o municipio de Toques sitúase con 17 casos activos, un menos que fai 24 horas.
Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios contan con casos de covid. Antas de Ulla, sitúase con 35 casos activos, tres menos que onte. Mentres que o municipio de Monterroso ten 86 casos, os mesmos que fai 24 horas e Palas de Rei con 38 casos activos, un menos que na xornada de onte.

Commentaires