Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Datos de Covid nas comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa deste domingo, 12 de setembro

Contamos con un único municipio libre de covid: Dozón. Continúa a desescalada de afectados en casi todos os concellos. Seguimos a contar con cinco municipios por encima da vintena de afectados


IsmaelRS/Xeral

DOMINGO, 12 SETEMBRO

Continuamos a semana informando dos casos de coronavirus nos municipios das comarcas de Arzúa, Deza, Terra de Melide e A Ulloa, segundo a información proporcionada hoxe, 12 de setembro, polo Servicio Galego de Saúde (Sergas) ou nalgúns casos por fontes municipais, pero hai que ter en conta que o número pode mudar en calquera momento. Dende onte pasamos a ter un único municipio libre de covid: Dozón. Contamos con un municipio no nivel alto (Melide) e seis no nivel medio (Agolada, Antas de Ulla, Arzúa, Monterroso, O Pino e Palas de Rei) os dez municipios restantes atópanse no nivel mínimo de restrincións.


Na comarca arzuana tal e como informa o Sergas, Touro e Boimorto atópanse nunha taxa entre 1 e 9 afectados. O Pino teñen 22 casos activos, un menos que onte. Pola súa parte Arzúa sitúase con 21 casos, cinco menos que fai 24 horas.


Na comarca dezana só un municipio libre de casos Covid, é o caso de Dozón. Agolada ten 8 casos activos, tal e como informou antonte pola mañá o Concello e Rodeiro conta con 10 casos activos. Lalín segundo a incidencia acumulada a 14 días ten 21 afectados, catro menos que fai 24 horas; pola súa parte Silleda e Vila de Cruces continúa nunha escala entre 1-9 afectados.


Na comarca Terra de Melide todos os municipios contan con casos, Santiso, Sobrado dos Monxes e Toques están nunha escala entre 1 a 9 contaxios. Pola súa parte Melide pasa a ter 30 casos, catro menos que fai 24 horas.


Por último, na comarca da Ulloa todos os municipios teñen algún caso. Antas de Ulla segundo a incidencia acumulada a 14 xornadas atópase nunha escala entre 1 e 9 afectados, tres menos que na xornada de onte. Pola súa parte, o municipio de Monterroso ten 17 casos, catro menos que onte, mentres que Palas de Rei sitúase con 20 afectados, dous menos que fai 24 horas.

Fonte: Ecos da Comarca

Este gráfico fai referencia aos datos de contaxios segundo a incidencia acumulada a 14 días e no caso de Arzúa, Agolada, Lalín, Melide, Monterroso, O Pino, Palas de Rei e Rodeiro son casos activos


Limitacións por municipios O comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, acordou:

  • Nivel alto de restricións para os concellos de Melide, Monforte de Lemos, Curtis, A Pobra de Trives e Viana do Bolo.

  • Nivel medio serán de obrigado cumprimento nos municipios da Muros, Santa Comba, Agolada, Arzúa, O Pino, Ordes, Lugo, Taboada, Antas de Ulla, Castro de Rei, Monterroso, Palas de Rei, Sarria, Arteixo, Muxía e Nigrán.

  • Os restantes concellos galegos permanecerán no nivel medio-baixo.

266 vistas0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE